martes, 18 de noviembre de 2025

25 NOVEMBRO.- DIA MUNDIAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER.

Achégase unha data importante para a nosa sociedade. O 25 de novembro non é unha data para celebrar...é un día para reflexionar, para movilizarnos e visibillizar a violencia de xénero como unha violación dos dereitos humanos e unha causa de morte prematura para as mulleres de todo o mundo. 

Nos centros educativos conmemoramos esta data co obxectivo de concienciar ao noso alumnado, para que eles, que son o noso futuro, loiten para erradicar todo tipo de violencia.