miércoles, 10 de septiembre de 2025

PRIMEIRO DÍA DE CURSO SUPERADO!!

E chegou o día que todos estabamos esperando (pais e nais, alumnos e alumnas, mestras)....e superámolo con éxito!!

Neste día de emocións variadas, comezamos repasando normas, falando de nós e dos compañeiros, organizando material, xogando e rindo no recreo,....e na hora de ler aproveitamos a lectura do conto "Diferente" para recordar que nesta aula todos somos diferentes como os animas dun zoo, pero todos somos importantes, preciosos e preciados. E ademáis está ben ser diferente, está ben ser Montse, está ben ser cada un dos nenos e nenas.....porque a nosa aula é moito máis divertida así: cada un coas súas características, cada un coas súas fortalezas.