Este trimestre dividimos o noso traballo en 3 partes diferentes:
Por unha banda traballamos sobre o concepto de "traballo en equipo" facendo un debate, reflexionando sobre o noso propio comportamento e actitude no cole. Pensamos tamén cales deberían ser as características dun BO COMPAÑEIRO ou COMPAÑEIRA e escribimos sobre o que podemos aportar cada un ao noso equipo.
Falamos de que non debemos deixarnos levar pola corrente, debemos ser nós mesmos e saber diferenciarnos do resto cando é preciso.
A continuación puxemos en práctica a través de diferentes actividades; Roque trouxo un xogo moi apropiado para o tema que estabamos a tratar; En diferentes equipos e con diferentes roles neles, tivemos que construir pequenas maquetas sempre co correspondente traballo de reflexión e avaliación do noso desempeño.
E por último, abordamos as nosas emocións e como as xestionamos. Vimos anacos da película "Del Revés" e analizamos cales son as emocións e os sentimentos que o noso corpo experimenta en diferentes situacións da vida real. Valoramos as diferentes sensacións e sobre todo.....establecemos cales son as reaccións máis apropiadas coas que dar resposta ás diferentes emocións.
Chegamos á conclusión de que TODAS as emocións son válidas e o que nos define como persoas é a reacción a esas emocións. Porque é moi importante aprender a xestionar todas elas para que non nos fagan dano, para que nos coñezamos mellor e sobre todo.....que a nosa resposta a elas sexa sempre a mellor posible. Isto todo fará que medremos como boas persoas tanto a nivel individual como en sociedade.

